Gran éxito da obra «As pitas baixo a choiva» en Boqueixón

Como estrelas de cinema. Así chegaron onte á Casa da Cultura de Camporrado as pitas Ludivina e Tereija, o galo Chafarís e o rapouso Rosende, protagonistas da obra «As pitas baixo a choiva», de Teatro Ghazafelhos. Durante aproximadamente unha hora, as familias de Boqueixón desfrutaron e riron coas ideas destes personaxes para que o neno Ricardiño deixara de toulear cada vez que vía a choiva.

Trátase dunha divertida adaptación teatral da compañía naronesa Teatro Ghazafelhos para o público infantil e familiar, baseado nun conto de Ricardo Carvalho Calero. Unha actuación que formaba parte do ciclo Escena Pequena, organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación da Coruña, e que no seu día tivo que ser adiada por razóns alleas á organización.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025