A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará Boqueixón do 10 ao 14 de marzo

O Concello de Boqueixón informa de que a Unidade Móbil número 3 da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará Boqueixón do 10 ao 14 de marzo, estando emprazada no Campo da Festa de Rodiño. O horario de atención ao público será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas, salvo o martes 14 de marzo, no que só se atenderá en horario de mañá.

Para acudir é preciso solicitar cita previa:

  • por teléfono: 902 30 90 00
  • a través da web www.cycitv.com (cita previa).

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025