A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá unha charla/roteiro sobre o uso tradicional das plantas

«Etnomedicina e sabedoría popular». Este é o nome da charla e paseo guiado pola herbaxeira María Moure («María das Herbas») para coñecer o uso tradicional das plantas. Unha iniciativa que terá lugar o próximo martes 7 de marzo, ás 16:00 horas, na Casa da Cultura de Camporrapado. Inscricións gratuítas no Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón: 981 513 115.

Esta xornada suporá unha viaxe á cultura da menciña natural, facendo un vieiro pola contorna de Boqueixón explorando e aprendendo da flora medicinal e dos seus usos. A charla está incluída en «A Ollada de Gustav», un proxecto multidisciplinar de artes e tradición no que participa o Concello de Boqueixón.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025