A viaxe da mocidade deste verán terá como destino Torremolinos do 3 ao 9 de xullo

O Concello de Boqueixón, en colaboración co Concello de Vedra, convoca unha nova edición da viaxe da mocidade. Este ano terá como destino Torremolinos do 3 ao 9 de xullo. Unha iniciativa dirixida a mozos e mozas nados nos anos 2005, 2006 e 2007, con preferencia das persoas empadroadas en Boqueixón.

O prezo será de 350 euros por 7 día e 6 noites. Un prezo que inclúe transporte en autobús, seguro de actividade, aloxamento en pensión completa no albergue Inturjoven Torremolinos (con piscina e a pe de praia), así como visitas a Sevilla, Málaga, entrada ao Aqualand Torremolinos…

O número de prazas é limitado, polo que se faría un sorteo no caso de haber máis demandantes que prazas. O período de pre-inscrición abrirase do 8 ao 12 de maio en www.boqueixon.gal.

Podes realizar a preinscripción premendo no seguinte enlace.

➜https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf_ncIhkcrOESXr0ErOt4p7KCrXDMknoGTmJ35ElpKTKcCydg/viewform

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025