Bloqueo temporal do Facebook do Concello de Boqueixón

O Concello de Boqueixón comunica que a páxina de Facebook está temporalmente bloqueada debido a un ciberataque alleo á actividade municipal. Unha situación da que xa foron informados os responsables de Facebook, que nos din que estará solucionada nos próximos días, polo que agardamos volver á normalidade en breve.

Entre tanto, non se poderán publicar as informacións sobre as distintas actividades municipais na páxina de Facebook, comunicacións que seguirán publicándose a través da Web e da APP Informativa do Concello de Boqueixón. Desculpas polas molestias.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025