Sesión especial de contacontos para a cativada da EIM Raíña Lupa

O Concello de Boqueixón organiza un contacontos especial de fin de curso para a cativada da Escola Infantil Municipal Raíña Lupa, que terá lugar o vindeiro 22 de xuño, ás 11:00 horas. Durante media hora, Migallas Teatro porá en escena a obra «Cinco ratiños de conto», unha divertida visita á aldea do queixo fresco onde os ratiños cantan cancións e escoitan divertidas historias como a da ratiña e a moeda de ouro ou a do rato que se agocha nun zapato.

A actuación está organizada polo Concello de Boqueixón, dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025