Máis de duascentas persoas asistiron ao espectáculo «Os Bolechas deportistas xogan no tempo»

Máis de duascentas persoas encheron o pasado domingo 16 de xullo a carballeira de Rodiño para asistiren ao espectáculo «Os Bolechas deportistas xogan no tempo». Unha iniciativa do programa Falaredes dirixida aos municipios que, como Boqueixón, pertencen á Rede de Dinamización Lingüística.

As familias de Boqueixón desfrutaron dun divertido espectáculo ao aire libre que combinou teatro de monicreques con probas participativas. Unha iniciativa que busca animar á rapazada a utilizar o galego durante a práctica deportiva da man dos coñecidos personaxes creados por Pepe Carreiro.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025