De Ninghures, Roibén e Raeira actuarán na Noite Velada o venres 4 de agosto

O campo do río de Ponte Ledesma acollerá o venres 4 de agosto, a partir das 21:30 horas, unha nova edición da Noite Velada. Esta iniciativa, organizada polo Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón, pretende aunar a tradición e a cultura envolta coa imaxe dunha ponte histórica, que se alumeará coa luz das candeas e as teas.

A Noite Velada estará amenizada polas actuacións dos grupos De Ninghures, Roibén e Raeira. A actividade é totalmente gratuíta e contará con posto de bebidas.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025