Un espectáculo de narración oral e música pechará este sábado o ciclo Teatro de Outono

«Tralalareira», un espectáculo de narración oral e música para público adulto será o encargado de pechar o ciclo Teatro de Outono, organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación da Coruña. Este sábado 21 de outubro, ás 19:00 horas, a Casa da Cultura de Camporrapado acollerá a actuación da narradora Vero Rilo, acompañada do acordeón de Santi Cribeiro, músico coñecido por formar parte de grupos como Berrogüetto, Matto Congro ou Os d´Abaixo.

Durante 60 minutos, Rilo e Cribeiro ofrecerán historias de vida, tradición oral e contos dos que adoitaban contarse ao redor dun lume e cunha cunha de viño nas mans. A entrada é totalmente libre e de balde.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025