Formación: Certificado de profesionalidad Marketing e Compravenda Internacional

O Concello de Boqueixón informa da convocatoria do curso «Certificado de Profesionalidade Marketing e Compravenda Internacional» (COMM0110), un título oficial impartido na modalidade en liña e totalmente de balde. Está dirixido a persoas desempregadas en Galicia e subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia.

As clases darán comezo o vindeiro mes de xaneiro de 2024 e, ao ser na modalidade de teleformación, cada persoa poderá adaptar o calendario ás súas circunstancias persoais (recomendándose unha dedicación de 4 ou 5 horas diarias). O curso ten unha duración de 750 horas e hai dispoñibles un total de 60 prazas.

Esta formación capacitaría ao alumnado a traballar como:

  • técnico/a en comercio exterior
  • axente comercial internacional
  • técnico/a de marketing internacional
  • técnico/a de venda internacional
  • asistente ao Departamento de operacións comerciais internacionais…

Para poder acceder ao curso é preciso cumprir estes requisitos:

  • título de Bachiller
  • certificado de profesionalidade de nivel 3
  • certificado de profesionalidade de nivel 2 (da mesma familia e área profesional)
  • cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ter superado as correspondentes probas de acceso reguladas polas Administracións educativas
  • ter superada a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.

O curso realizarase a través dunha Plataforma de Teleformación acreditada polo Servizo Público de Emprego Estatal. Inclúe prácticas en empresa e titorías presenciais e exame final presencial de cada módulo en Ourense ou en Boiro (A Coruña). Máis información e inscricións: picando neste enlace.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025