Unha unidade móbil para doazón de sangue estará o luns 29 de xaneiro no Forte (mañá) e en Camporrapado (tarde)

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitará Boqueixón este luns 29 de xaneiro. O autobús estará emprazado en:

  • diante do centro de saúde do Forte, de 9:30 a 14:30 horas.
  • diante da Casa da Cultura de Camporrapado, de 16:00 a 21:00 horas.

Os requisitos mínimos para doar sangue son:

  • ter máis de 18 anos
  • pesar máis de 50 kg
  • deixar pasar 2 horas entre o almorzo/xantar e a doazón
  • presentar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar

Dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue apuntan que as reservas de sangue dos grupos 0+. B- e A+ están en niveis baixos. Lembra que unha doazón de apenas 10 minutos pode chegar a salvar ata 3 vidas. Máis información e dúbidas: 900 100 828 (teléfono de balde).

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025