Emprego: Camareiro/a en Castrofeito (O Pino)

O Concello de Boqueixón informa dunha oferta de emprego como camareiro/a nun restaurante emprezado en Castrofeito (O Pino, A Coruña). A persoa seleccionada realizará as seguintes funcións:

  • Atención no comedor ou/e barra.
  • Montaxe de mesas.
  • Preparación de menaxes e utensilios.
  • Outras propias do posto.

Horario: 40 horas semanais cos descansos establecidos por lei. Luns, mércores, xoves, venres, domingo, de 11:00 ás 17:00/17:30 horas aproximadamente. Sábado: xornada completa. Descanso o martes.

Requisitos: Búscase unha persoa dinámica e proactiva.

Salario: A concretar.

As persoas interesadas terán que chamar directamente aos seguintes teléfonos 646 579 257 // 626 736 778.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025