EMPREGO: Repartidor/a en Santiago de Compostela

O Concello de Boqueixón publica esta oferta de Eurofirms, que busca repartidor/a para empresa do sector comercio de Santiago de Compostela.

Tarefas:

  • Repartición de mercadoría a clientes do casco antigo de Santiago e en vehículo de empresa a un radio de 20 kms.
  • Entrega de albarás e cobranza de facturas.
  • Outras tarefas propias do posto.

Xornada e horario:

Xornada completa de 40 horas semanais, entre luns e sábado, en quenda de mañá, en horario entre 08:00h e 14:00 horas (cos descansos establecidos por lei).

Requisitos:

  • Experiencia polo menos seis meses en posto similar.
  • Persoa agradable con vocación de atención ao cliente, dinámica e proactiva.
  • Valorable residencia próxima ao posto de traballo.

Formación: Valorable ESO ou similar

Salario: A concretar

As persoas interesadas terán que remitir o C.V a  santiago@eurofirms.com  ou inscribirse directamente na oferta picando neste enlace.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025