Relación de cacharelas e sardiñadas de San Xoán 2024

O Concello de Boqueixón toma coñecemento das comunicacións de realización de cacharelas e sardiñadas de San Xoán 2024 solicitadas pola veciñanza e que terán lugar en espazos públicos e privados que se sinalan nesta resolución.  Lembramos que a data de realización é única e exclusivamente para a noite do 23 ao 24 de xuño de 2024 e que a hora límite para rematar a celebración son as 3:30 horas da madrugada.

A maiores, recoramos que os promotores das cacharelas teñen a obriga de tomar as medidas de precaución precisas tales como:

  1. A fogueira gardará as distancias mínimas que establece a lexislación de prevención de incendios forestais a vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais susceptibles de ser queimadas.
  2. A súa dimensión non superará os 5 metros de altura e os 3 metros de diámetro.
  3. Non se queimarán residuos perigosos ou tóxicos tipo pneumáticos, aceites, plásticos, envases de aerosois, etcétera.
  4. En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprais), aínda que estean baleiros.
  5. Disporase no lugar dun sistema de extinción de incendios axeitado á proporción da fogueira.
  6. A fogueira permanecerá vixiada ata a súa total extinción que deberá se asegurada empapando os restos totalmente con auga.
  7. No caso de que se levante vento que poda dificultar a vixilancia e extinción da fogueira esta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.
  8. O solicitante será sempre o responsable dos danos e prexuízos que a fogueira ocasione.
  9. Será obrigatoria a limpeza dos espazos públicos autorizados ao remate da actividade, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento do mesmo, inmediatamente despois de rematar a cacharela e/ou sardiñada.
  10. No caso de problemas chamarase ao 085 ou 112.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025