A recreación da Batalla de Ponte Ledesma terá lugar o domingo 4 de agosto

O Campo do Río da Ponte acollerá o domingo 4 de agosto, a partir das 20:00 horas, a recreación histórica da Batalla de Ponte Ledesma. Organizada polo Concello de Boqueixón e  coa colaboración coa Xunta de Galicia, contará coa participación de Suso Martínez (actor e narrador) e o músico Manoele de Felisa.

O acto rememora a batalla que libraron o 9 de marzo de 1809 as tropas de Napoleón e as tropas da Xunta do Trasdeza, formadas maioritariamente por labregos que, pese a non posuir armas de fogo nin nocións militares, lograron vecer ao que daquela estaba considerado o mellor exército do mundo. A entrada é libre e de balde.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025