Listaxe definitiva de admisións na Escola Infantil Municipal Raíña Lupa 2024/2025

O Concello de Boqueixón publica a elevación a definitiva da 2ª listaxe provisional de crianzas admitidas na Escola Infantil Municipal Raiña Lupa, así como a listaxe de agarda.

No prazo de 15 días hábiles a partir de hoxe xoves, as familias das crianzas admitidas deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello (en horario de 9:00 a 14:00 horas) ou a través da sede electrónica a seguinte documentación:

  • Anexo IV. Aceptación da matrícula (cumprimentado e asinado). Descárgao aquí.
  • Tarxeta sanitaria da crianza
  • Certificado médico da crianza
  • Carné de vacinación actualizado

Máis información na sede electrónica do Concello de Boqueixón.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025