O Concello convoca unha andaina histórica polos lugares nos que aconteceron os feitos narrados no libro «Unha matanza esquecida»

O Concello de Boqueixón organiza un roteiro circular de 13 quilómetros (Gastrar-Vigo-Loureda-Gastrar) con paradas nos lugares nos que aconteceron os feitos históricos recollidos no libro «Unha matanza esquecida», de Severino Fernández Abel.

A camiñata terá lugar o domingo 10 de novembro e as persoas asistentes poderán desfrutar dos comentarios sobre o terreo do propio Severino Fernández, veciño de Gastrar.

A participación é totalmente de balde, sendo imprescindible inscrición previa no Concello de Boqueixón (981 513 115).

O punto de saída será o exterior de Viveiros Gastrar, o domingo 10 de novembro ás 9:30 horas. O roteiro terá unha duración aproximada de 4 horas, durante as que se percorrerán uns 13 km polas parroquias de Gastrar, Vigo e Loureda, con volta ao punto de encontro.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025