Boqueixón acollerá un curso formativo para coidador@s de persoas cunha demencia neurodexenerativa

O salón de plenos do Concello de Boqueixón acollerá un curso formativo para persoas coidadoras de persoas cunha demencia neurodexenerativa. Terá lugar os días 2 e 3 de decembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

O curso está organizado pola Federación Alzhéimer Galicia, en colaboración co Concello de Boqueixón e Agadea Alzhéimer. As inscricións están abertas nos Servizos Sociais de Boqueixón: 981 51 31 06.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025