Nova edición do certame de relato curto «Xosé Neira vilas»

O Concello, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas e o CPIP Antonio Orza Couto, convoca o XI Certame de Relatos Xosé Neira Vilas para potenciar a lectura e a promover a lingua galega como medio de creación e comunicación. O certame está aberto tanto a nenos e nenas empadroados en Boqueixón como a escolares de fóra que estean matriculados nun centro educativo do municipio. Os traballos deberán entregarse na biblioteca municipal ou no CPI Antonio Orza Couto antes do 22 de abril.
O concurso inclúe tres categorías:

  • 3º e 4º de Primaria (mínimo 30 liñas)
  • 5º e 6º de Primaria (mínimo 40 liñas)
  • Secundaria (mínimo 50 liñas).

Cada participante poderá presentar un único relato, inédito, escrito a ordenador e cunha temática baseada no medio ambiente. O texto deberá entregarse en galego, podendo incluír ilustracións. Para garantir o anonimato, o relato só irá identificado coa categoría á que opta e cun pseudónimo. A ficha de participación cos datos correspondentes irá nun sobre pechado e grampado ao texto.
Por cada categoría haberá tres premios de 125, 100 e 75 euros en vales en libros e material escolar, así como diploma e edición recompilatora. A entrega dos premios terá lugar nun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Para máis información:

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025