Últimos días para presentar ofertas para a pavimentación de 20 pistas e accesos a aldeas do municipio

Este venres 11 de abril remata o prazo de presentación de ofertas para as obras de mellora de 20 pistas municipais e accesos a aldeas incluídos no proxecto «Mellora de viario en Pumares (Sergude) e outros». Un proxecto licitado polo Concello de Boqueixón en 141.017,76 euros.

As actuacións que se inclúen neste proxecto son as seguintes:

  1. Mellora viario en Pumares (Sergude). Mellora da capa de rodaxe dun camiño de 240 metros de longo por 4 de ancho, previa reparación de fochancas.
  2. Mellora de acceso en Gándara (Sergude). Preténdese mellorar a capa de rodaxe dun viario de 80 metros de longo por 3 metros de ancho.
  3. Mellora de accesos en Deseiro de Arriba (Sergude). Tras un previo bacheo con pedraplén e zahorra, prevese a mellora do firme dun camiño de 190 metros de longo e 3 metros de ancho, así como facer 50 m2 de abanicos para maior seguridade.
  4. Mellora de viario en Pazos (Lestedo). Acometerase a mellora da capa de rodaxe dun camiño de 260 metros de longo por 5,5 metros de ancho, previo bacheo e creación de 100 m2 de abanicos.
  5. Mellora de viario de Castrelo a Virxe de Lurdes (Lestedo). Tras o correspondente bacheo, mellorarase a capa de rodadura de tres tramos dun viario de 100, 150 e 20 metros de lonxitude, así como 100 m2 de abanicos.
  6. Mellora de interiores en Ardarís (Lestedo). Mellorarase a capa de rodaxe de dous viarios, ambos de 3,5 metros de ancho, o primeiro de 83 metros de longo e segundo de 65 metros. Nun treito intermedio prevese instalar un sistema de canalización da auga da chuvia e colocar 4 arquetas sumidoiros, 2 pozos de rexistro e 2 embocaduras de cano.
  7. Mellora de viario no Burgo (Lamas). Contémplase o aglomerado en quente dun camiño de 140 metros de longo por 5 metros de ancho, previo fresado do pavimento actual.
  8. Mellora de acceso en Vigo (Lamas).  Acometerase un bacheo previo con pedraplén e zahorra para despois mellorar a capa de rodadura dun viario de 110 metros de longo por 4,3 metros de ancho.
  9. Mellora de acceso en Alboia (Lamas). A terceira actuación na parroquia de Lama inclúe a mellora da capa de rodaxe dun camiño de 110 metros de longo e 3,5 metros de ancho, previo bacheo con zahorra e pedraplén.
  10. Mellora de viario do Forte a Casalpegito. A obra inclúe o pintado das liñas de bordo e sinalización horizonta dos 3.390 metros desta estrada e a reparación dun dos seus treitos mediante a construción dun muro de bloques de granito para sostemento de terras e a súa pavimentación en aglomerado en quente. Ademais, contémplase o revestido de 5 metros de cuneta e a instalación dunha arqueta de formigón con reixa.
  11. Mellora de acceso en Gastrar (Gastrar). Mellora dun viario de 95 metros de longo por 4,5 metros de ancho, previa reparación de fochancas.
  12. Mellora de acceso en Camporrapado (Oural). As obras dividiranse en dous treitos de 30 metros de longo por 5 metros de ancho, que serán mellorados con 5 centímetros de aglomerado en quente. A maiores instalarase canalización de pluviais, con 3 arquetas sumidoiro e 1 arqueta de formigón con reixa.
  13. Mellora de acceso en Rebordaos (Oural). Esta actuación inclúe a mellora de dous viarios (de 90×3,5 metros e 85×3,5 metros) e a habilitación de 100 m2 de abanicos.
  14. Mellora de acceso en Mato (Oural). A terceira actuación contemplada na parroquia de Oural busca mellorar a capa de rodaxe dun viario de 130 metros de longo por 3,5 metros de ancho, así como en 50 m2 de abanicos.
  15. Mellora de viario en Ledesma (Ledesma). Tras un previo bacheo con grava e tratamento asfáltico semiprofundo, procederase a mellorar a capa de rodaxe dun vario de 250×3,5 metros, así como en 50 m2 de abanicos e un sobreancho de 30×2 metros.
  16. Mellora de acceso en Vilar (Ledesma). Búscase mellorar a capa de rodaxe dun viario de 90 metros de longo por 3,5 metros de ancho.
  17. Mellora de camiño en A Quenlla (Sucira). Unha actuación nun viario de 305 metros de longo e 3 metros de ancho que se acometerá en dous treitos: un primeiro con zahorra e un segundo con tratamento asfáltico e grava.
  18. Mellora de acceso en Frenza (Sucira). Tras un bacheo previo con grava e tratamento asfáltico semiprofundo, contémplase a mellora da capa de rodaxe dun camiño de 300 metros de longo por 3,25 metros de ancho, así como en 200 m2 de abanicos.
  19. Mellora de acceso en Pedrouzo (Pousada). Inclúe mellora da capa de rodaxe dun camiño dividido en dous treitos de 200×4 metros e 100×5 metros, así como en 50 m2 de abanicos.
  20. Mellora de acceso en Piñeiro de Abaixo (Boqueixón). Preténdese a mellora da capa de rodaxe dun viario de 40×3 m. con 15 cm. de grava tratamento asfáltico semiprofundo, tratamento asfáltico superficial e rego de selado.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025