Campamentos de Verán 2025

Co obxectivo de facilitarlle á rapazada a participación en actividades socioeducativas, deportivas e de tempo libre, o Concello de Boqueixón oferta as prazas para os Campamento de Verán 2025 en colaboración co Concello de Vedra.

Para a formalización da inscrición teranse en conta os seguintes criterios de admisión por orde de prioridades:

1º  Participantes empadroados/as en Boqueixón (mínimo de 3 meses de antigüidade)

2º Pai, nai, titor, titora empadroados/as en  Boqueixón (mínimo de 3 meses de antigüidade).

3º  Participantes  escolarizados/as nun centro educativo do concello.

4º  Nenos e nenas que non reúnan ningún dos anteriores requisitos.

Campamentos de Verán 2025:

  • Minicampamento de aventura (Camping Cachadelos)

Datas: do 30 xuño ao 3 de xullo (4 días, 3 noites)

Destinatarios/as: nados/as: 2014, 2015 e 2016

Prezo: 130 €

Inscrición dende o 21 de abril (preme aquí).

  • Campamento de mar

Datas: do 22 ao 29 de xuño (8 días, 7 noites)

Destinatarios/as: nados/as: 2009, 2010, 2011, 2012, 2013 e 2014

Prezo: 220 €

Inscrición dende o 21 de abril (preme aquí).

  • Campamento xuvenil-Viaxe do Verán (Lisboa, Huelva, Algarve)

Datas: do 16 ao 22 de xullo (7 días, 6 noites)

Destinatarios/as: nados/as: 2007, 2008 e 2009

Prezo: 380 €

Inscrición dende o 21 de abril (preme aquí).

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025