Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Reserva específica de prazas gratuítas en campamentos xuvenís dirixidas preferentemente, ós fillos /as daquelas mulleres vítimas de violencia de xénero

11 de abril de 2013

A Secretaría Xeral da Igualdade , oferta prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2013.

A través de dita campaña ofrécese a posibilidade  de que a xuventude empregue o seu tempo libre vacacional participando en actividades lúdicas, culturais, deportivas e formativas.

 Dentro desta campaña, levada a cabo pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, existe unha reserva específica de prazas gratuítas nestes campamentos xuvenís dirixidas preferentemente, ós fillos /as daquelas mulleres vítimas de violencia de xénero que residen ou residiron nos últimos anos nalgún centro de acollida.

 REQUISITOS

 

  • Fillos  e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero que residen ou residiron nos últimos anos nalgún centro de acollida.
  • Datos dos campamentos que se solicitan por orde de preferencia e segundo as idades dos/das menores.
  • Fotocopia do DNI ou Libro de Familia
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Declaración asinada pola nai/titora de que o/a menor sabe nadar
  • Cuestionario médico-sanitario, debidamente cumprimentado.
  • É imprescindible que os neno e nenas saiban nadar

 PRAZOS

 O prazo de presentación de solicitudes remata 30 de abril de 2013.

Toda a documentación e consulta da distribución das prazas igualdade 2013, así como os  modelos de declaración, información e tramitación poderase obter chamando ao CIM do Concello de Boqueixón (981 513 061).

Compartir
WhatsApp Facebook Correo