Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Incendio forestal en Sergude

22 de abril de 2013

Efectivos de Emerxencias Boqueixón extinguiron un incendio Forestal nunha finca situada ao lado da Escola Unitaria de Sergude (Boqueixón) que afectou a uns 1500 metros cadrados.

Arredor das 18:15 de onte, veciños de Sergude alertaron dun incendio forestal, e de inmediato mobilizáronse o equipo de garda, os que, ao chegar ao lugar del incidente procederon a extinción .

Ata a zoa, ademais de Emerxencias Boqueixón, desprazáronse a Policía Autonómica e un Axente Forestal, posteriormente, unha vez que extinguido chegaron unha cuadrilla e unha motobomba de Medio Rural.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo