Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Perfil do contratante

Adxudicación do contrato de xestión do servizo da Escola Infantil Municipal de Boqueixón

23 de abril de 2013

1 Entidade adxudicadora:

  1. Organismo: Concello de Boqueixón
  2. Obtención de documentación e información:

1 Servizo de Contratación

2 Enderezo: Forte s/n 15881 Boqueixón

3 Teléfono: 981 513061

4 Fax: 981 513000

5 correo electrónico: adela.lamela@boqueixon.es

6 Perfil do contratista: lab.mcapps.es

2 Obxecto do contrato

a Tipo: Servizos

b Descrición: Xestión do servizo público da escola infantil municipal mediante a modalidade de concesión

c Lugar de execución : Escola Infantil Municipal – Lugar de Lestedo – Concello de Boqueixón

d Prazo de execución: A duración do contrato será de 1 ano con posibilidade de prórrogas ata un máximo de 6 anos

3 Tramitación e procedemento:

a Tramitación: Ordinaria

b Procedemento: Aberto

c Forma: concurso de acordo co prego de cláusulas aprobado na Xunta de Goberno realizada o día 4 de abril de 2013. O prego sométese a información pública xunto coa convocatoria de licitación, que se aprazará no suposto de que se formulen reclamacións contra del no prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP. Se o último día coincide en domingo ou festivo, prorrogarase ó seguinte día hábil. 

d Criterios de adxudicación: Multiplicidade de criterios  

4 Valor estimado do contrato: O custo aproximado do contrato tendo en conta as posibles prórrogas é de 390.000 euros.  

5 Presuposto base de licitación:

 O tipo máximo de canon a aboar polo concello será de 65.000 euros, IVE excluído. ( ESTA ACTIVIDADE ESTÁ EXENTA DO IVE)  Dentro deste canon inclúese a subvención que concede a Xunta de Galicia anualmente para o mantemento da actividade

6 Garantías esixidas: Esíxese garantía definitiva por importe do 5% do importe do contrato, excluído o IVE.

7 Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: Será acreditada segundo se especifica no correspondente prego de cláusulas administrativas.

8 Presentación de ofertas:

Prazo para a  presentación: 15 días naturais que se contarán a partires do día seguinte á publicación deste anuncio no BOP

Lugar de presentación: no Rexistro do Concello de Boqueixón

9 Apertura de ofertas: Será no salón de plenos do Concello de Boqueixón e indicarase no perfil do contratista ( lab.mcapps.es) a data e a hora de apertura. Tamén se comunicará ás empresas vía correo electrónico.

10 Gastos de publicidade:Serán por conta do adxudicatario

{wpdm_category=adxudicaci-n-contrato-de-xesti-n-do-servizo-da-escola-infantil-municipal-de-boqueix-n-}

Compartir
WhatsApp Facebook Correo