Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Convocatoria de axudas ao estudo da Fundación Pedro Pérez

18 de novembro de 2013

Convócanse axudas para a realización de estudios universitarios de medicina/  veterinaria durante o curso académico 2013 – 2014.

IMPORTE  DAS AXUDAS:
 O importe máximo para a concesión de ditas axudas, previsto no presuposto da Fundación, para o curso 2013-2014, ascende a 4.640,00 €, podendo variar en función dos rendementos netos, pero nunca será inferior ao 80% dos mesmos tal como sinalan os estatutos da Fundación no seu artigo 27.1.

BENEFICIARIOS:
Serán beneficiarios destas axudas os estudantes pertencentes a calquera parroquia do concello de Boqueixón, e que figuren empadroados a data de aprobación das bases polo Padroado da Fundación.
Terán preferencia en igualdade de condicións os estudantes que obtiveran ditas axudas no curso 2012/2013 e pertenzan á parroquia de Ledesma.

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
  Dende o 18 de novembro ata o 19 de decembro (ámbolos dous inclusive) do 2013.

DOCUMENTOS QUE DEBERÁN ACHEGARSE Á SOLICITUD:

  • Copia do DNI do solicitante
  • Copia do libro de familia
  • Copia da declaración da renda das persoas físicas ou solicitude de devolución do ano 2012, de tódolos membros que convivan no domicilio familiar.
  • Copia dos datos económicos que figuran na Axencia Estatal da Admón Tributaria do ano 2012, correspondentes ós membros computables que non presenten declaración da renda ou solicitude de devolución.
  • Xustificantes de ingresos das entidades pagadoras no caso de non estar obrigado a realiza-la declaración da renda do ano  2012.

Sentencia de separación de matrimonio, no seu caso
Para alumnos que inicien estudios universitarios:

  • Copia da tarxeta de selectividade ( cotexada )
  • Notas de segundo de bacharelato ou COU ( cotexadas )
  • Para alumnos que continúen  estudios universitarios:
  • Certificación académica na que consten as cualificacións obtidas nas materias nas que estean matriculados no ano 2012 – 2013 ( cotexada )

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Teranse en conta fundamentalmente os seguintes criterios:

  • Situación económica do solicitante
  • Traxectoria académica do solicitante
  • Existencia ou non doutras axudas

Bases[attachments docid=”3629″]

Modelo solicitude [attachments docid=”3631″]

 

 

Adxuntos

Compartir
WhatsApp Facebook Correo