Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Padrón de habitantes

29 de novembro de 2013

En cumprimento do establecido no regulamento de poboación e demarcación territorial, toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no padrón de habitantes do municipio no que resida habitualmente ou a maior parte do tempo no caso de residir en varios concellos.

Nestes dous supostos e no caso de non estar inscritos, o concello de oficio declarará a alta no padrón municipal previa tramitación do correspondente expediente.

Por isto, tendo coñecemento esta alcaldía de que hai persoas que residen habitualmente no concello de Boqueixón sen estar empadroadas, concédeselles  de prazo ata o 31-01-2014 para regularizar a súa situación e darse de alta, caso contrario farase de oficio polo concello.

Os impresos  de solicitude para darse de alta  pódense descargar nesta web ,  ou ben recollelos nas oficinas municipais  de luns a venres de 9 a 14,30   ou os sábados  de 10 a 13 horas, agás festivos.

O citados impresos  deberán vir cubertos en todos os seos apartados  con letra moi lexible e debidamente asinados, no caso dos menores  asinarán  tanto a nai coma o pai  ( de haber sentencia  firme de separación asinará so o que teña a concedida a custodia), debéndose de achegar a  solicitude a seguinte documentación segundo o caso:

-Fotocopia do D.N.I.
-Para os menores que no teñan D.N.I. fotocopia da folla onde figuren  do libro de familia
-Para os que non teñan a nacionalidade española Pasaporte ou Tarxeta de Residencia.

Esta documentación pódena presente nas oficinas do concello os días e horarios xa sinalados ou  nos seguintes correos electrónicos    concello@lab.mcapps.es  ou  correo@boqueixon.es.

Sinalar finalmente que o alcalde que subscribe espera que todos os nosos veciños  que estean no  casos sinalados anteriormente,  non dubiden en darse de alta dentro do prazo indicado,   pola gran cantidade se servizos  que ofrece o concello:  gardería,  actividades deportivas, culturais,  piscina, viaxes, intercambios,  voluntariado,etc., etc. Ademais canta maior poboación  mais participación do concello nos ingresos do Estado, Xunta, Deputación, etc., o que redundará en beneficio para todos.

Modelo alta padrón[attachments docid=”3645″]

Bando[attachments docid=”3643″]

Compartir
WhatsApp Facebook Correo