Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

“Acuario” Actividade do programa de dinamización lingüistica “Falares 2013”

18 de decembro de 2013

O veacuarionres 20 de decembro de as 18:00, na Casa da Cultura de Camporrapado,  combinación de poesía, teatro e monicreques,

nunha proposta que quere axudar a espertar na xente máis miuda o afecto pola lingua.

“Acuario” é teatro baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente

miúda da casa se achegue á poesía en  lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica)

do noso litoral. Todo isto faise  dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos  monicreques, dos actores que lle

imprimen humor e dinamismo á  actividade, da música e dunha escenografía sinxela e á vez  atractiva.

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo