Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Servizos sociais

Día internacional da muller traballadora

7 de marzo de 2014

ACTIVIDADES 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
MARZO DCartel 8marzoE MULLER: 

Con   motivo   do   día   Internacional   da   Muller   Traballadora,   dende   o   Centro   de
Información  á  Muller  de  Boqueixón,  un  ano  máis  apostamos  pola  poboación  infantil
como  grupo  destinatario  das  nosas  accións  para  a  concienciación  da  igualdade  entre
homes  e  mulleres,  por  esa  razón  o  vindeiro  venres  7  de  Marzo,  levaranse  a  cabo  as
seguintes actividades na Ocioteca Municipal:

–    Conta  contos  “Tere:  de  soños  e  aspiradoras”,  versa  sobre  unha  nena  que  debe
loitar contra os prexuízos do seu pai que se guía por unha ideoloxía machista.

–    Taller de pintura e cómic: realización dunhas viñetas que representen a historia
de  Tere  dende  a  visión  dos  nenos  e  das  nenas  participantes.  O  resultado  deste
taller artístico expoñerase no centro. 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo