Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Solicitude de cacharela San Xoan 2015

5 de xuño de 2015

SAN XOAN 2014As persoas ou organizacións  que desexen realizar unha cacharela, presentarán a solicitude correspondente no rexistro deste concello antes das 13:00 horas do día 22 de xuño, sinalando o lugar elixido, nome, enderezo e teléfono dos responsables.

 

[attachments docid=”5936″]

 

 NORMAS BÁSICAS:

1.    As persoas, organizacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela, presentarán a solicitude correspondente no rexistro deste concello antes das 13:00 horas do día 22 de xuño, sinalando o lugar elixido, así como o nome, enderezo e teléfono dos responsables da organización ou comunidade, que deberán coidar os arredores.
2.    O volume de combustible da cacharela non sobrepasará os oito (8) metros de perímetro nin os tres (3) de altura.
3.    A separación entre as cacharelas e os edificios e árbores será, como mínimo, de vinte (20) metros. Poñerase especial coidado de non situalas debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos, así como, de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables.
4.    Prohíbese a queima de neumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, etc., e en xeral, calquera substancia que ó arder desprenda fume tóxico.
5.    En ningún caso se botará ó lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda cando estean baleiros.
6.    No suposto de que a cacharela se realice sobre terreos de uso público enlousado, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento cunha capa de area de 10 cm.
7.    Ó rematar a cacharela e antes de abandonar o lugar, os responsables da organización coidarán de que as cinzas queden totalmente apagadas e a pavimentación quede no mesmo estado no que se atopaba antes de iniciarse o lume.
8.    Será obrigatoria a Iimpeza do espazo autorizado ó remate da actividade, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento do mesmo, inmediatamente despois de rematada a cacharela e/ou sardiñada.

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo