As persoas que desexen disfrutar da piscina municipal de Boqueixón poderán facelo de xeito totalmente gratuíto dende este martes día 16 ata o venres día 19 de xuño e ademáis poderase ir retirando os abonos de tempada. A data prevista para a apertura oficial será o sábado 20 de xuño .
Durante este mes de xuño, os alumnos do CPI Antonio Orza, xa levan impartindo as clases de educación fisica enfocadas a actividades no medio acuático.
Así mesmo, segue aberto o prazo de inscrición para os cursiños de natación a realizar no mes de xullo.
