O vindeiro luns 13 de xullo de 10:00h. a 13:h., no Centro de Interpretación do Pico Sacro desenvolverase unha xornada adicada a dar a coñecer e promocionar as potencialidades empresariais que xorden nas zonas polas que pasan os Camiños de Santiago, neste caso estaríamos falando das parroquias de Lestedo e Sergude por onde pasa un tramo da Vía da Prata.
O Camiño de Santiago é un potente produto desestacionalidor do turismo, que permite o disfrute da experiencia turística en calquer época do ano e que ten unha grande capacidade de diferenciación.
Para todo empresario ou novo emprendedor, todas estas características son importantes e é preciso que se teñan en conta á hora de crear unha empresa ou levar a cabo certas medidas de promoción dun negocio que esté nun dos Camiños ou preto deles.
O Camiño de Santiago convertíuse no eixe vertebrador da economía de moitas zonas de Galicia, e entorno a él ábrense moitas posibilidades de futuro laboral e económico nunha época chea de dificultades nestes terreos.
O principal obxectivo desta xornada é escoitar experiencias empresariais exitosas noutros concellos e tratar a viabilidade das mesmas ou similares aplicadas ó noso territorio.
VER CARTEL DA XORNADA: XORNADA