Boqueixón celebrou con éxito a IV edición da Ruta de Tapas que finalizou este pasado domingo con gran afluencia de público e un aumento considerable, case duplicada, da venda de tapas con respecto ás edicións anteriores.
Tapas elaboradas co maior esmero e que os clientes souberon recoñecerllo percorrendo todos os establecementos participantes: Café- Bar O Rincón de Tania, Café Bar O Nervioso, A Taberna d´San Benito, Restaurante O Balado, Café Bar Latino, Café Bar A Barreira, Taberna Záramo, Casa de Xantar Casa Castro, Restaurante Vente Vindo, Café Bar O´26, Café Bar O Rincón de Pepe e Cervexería O Vikingo e votando pola mellor.
O reconto de votos quedou do seguinte xeito:
– “Mellor tapa de Boqueixón 2015” para “La mer” do establecemento “O Rincón de Pepe” (Lestedo).
– 2ª clasificada a tapa “Tres bocados” do establecemento “O Nervioso” (Camporrapado).
– 3ª clasificada a tapa “Pastel meloso de pataca con ventresca” do establecemento “O Vikingo” (Lestedo).
O gañador do sorteo do vale por 120€ para canxear por unha comida/cea recaeu en José Manuel Orosa Canabal.
Merece a pena destacar que a ruta de tapas é unha exaltación dos produtos da zona: queixo de Bo-Queixo (D.O. Arzúa-Ulloa e D.O. Queixo de Tetilla), carnes e toda a “horta de Boqueixón”, destacando os grelos de Boqueixón, patacas, pementos, etc que estiveron presentes nunhas tapas moi elaboradas.