O Concello de Boqueixón, ven de pechar as inscricións de socios do ximnasio municipal do mes de xaneiro cun total de 37 solicitudes, o que supón un incremento do 3% con respeto ao mes de decembro.
Estas instalacións, que acaban de celebrar o seu 15 aniversario, son o referente da oferta deportiva do municipio e o contedor das propostas das diferentes programacións deportivas.
O ximnasio, que se atopa a carón do pavillón polideportivo, da piscina e do campo de fútbol de herba artificial, conta cunha sala de musculación, sala de actividades musicais, sala de usos múltiples, pista de padel e vestiarios con sauna.
O prezo mensual é de 12€ para socios empadroados no concello e ten un horario de apertura de 16:00h. a 22:00h. de luns a venres.
Unha media de 90 usuarios/día empregan o ximnasio municipal para gozar das actividades de pilates, zumba ou ximnasia de mantemento para adultos e judo ou ballet para os rapaces. Así mesmo, de forma simultánea a esta oferta deportiva está en funcionamento a sala de musculación, onde un monitor especializado dirixe a compresión dos movementos e facilita programas de exercicios individualizados.