Os cativos da Escola Infantil Raíña Lupa celebraron un desfile de Entroido moi orixinal. Durante varios meses, o equipo de profesionais que forman a escola, deseñou e elaborou todo o preciso para poder recrear un campo cheo de vida cos pequenos “espantallos” no entorno da escola, situada en Lestedo, en donde a tradición do Entroido está moi arraigada.
Recibiron a visita do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, que resaltou o marabilloso traballo realizado polas mestras e o persoal de apoio e encomiou as súas creación.
Luns de Entroido
E seguindo cos festexos propios desta época, o luns celebrarán na EIM de Boqueixón unha festa de disfraces na cal non faltará o xa tradicional concurso de filloas que xa vai pola súa XII edición, no cal participan todas as familias da escola, un desfile de disfraces individuais e en grupo e unha degustación de filloas e postres típicos de Entroido. Haberá moitas sorpresas para todos.