Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

O alcalde mantén unha xuntanza co Reale Lestedo

20 de abril de 2016

IMG_3209

O alcalde, Ovidio Rodeiro e o técnico de deportes, Ricardo Romero, mantiveron unha animada xuntanza cunha representación do equipo de fútbol Reale Lestedo.

Esta xuntanza pretendeu ser unha acción participativa e de diálogo estructurado na que poder debatir e opinar sobre as accións estratéxicas que se están a levar a cabo dende o concello en materia de apoio ao deporte local.

Tamén se aproveitou esta reunión para  establecer lazos de colaboración na organización da Gala do Deporte que se vai a celebrar en Boqueixón.

O alcalde aproveitou a ocasión para brindarlle ao equipo o seu máis sincero apoio e poñerse a súa disposición para o que poidan precisar.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo