Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Xornada formativa Sementado e coidados do céspede

9 de maio de 2016

O pasado sábado tivo lugar na empresa local Viveiros Compostela unha xornada formativa sobre Sementado e coidados do céspede impartida pola casa comercial SIRO Profesionales en Sustratos.

Estas accións formativas, que deron comezo no mes de abril, coa xornada de preparación de xardineriras enmarcada dentro do Proxecto Apadriña/Amadriña unha xardineira, están a ter moi boa acollida entre os veciños e veciñas do municipio.

Proxecto Apadriña/Amadriña unha xardineira

Máis de 50 son as xardineiras que os veciños e veciñas de Boqueixón decidiron apadriñar/amadriñar. Cabe recordar que os/as interesados/as todavía están a tempo de facer a súa solicitude de xardineira.

Preme na imaxe para ver as bases do proxecto:

0001 (7)

Compartir
WhatsApp Facebook Correo