Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Reunión informativa cos veciños e veciñas da parroquia de Vigo

16 de maio de 2016

Imagen 005

O vindeiro venres 20 de maio terá lugar ás 21:30h. no local social de Vigo, unha reunión informativa cos veciños e veciñas desta parroquia.

Esta xuntanza pretende ser unha acción de democracia participativa e diálogo estructurado cos cidadáns, na que os veciños e veciñas poidan debatir e opinar sobre as accións estratéxicas que se están a levar a cabo dende o concello.

O obxectivo a medio prazo é consolidar estas xuntanzas e avanzar cara novas formas e instrumentos que faciliten a participación cidadá directa, na que poder dar resposta inmediata a calquera suxestión ou queixa cidadá.

Os temas a tratar nesta reunión serán os seguintes:

  1. Inventario Municipal de Camiños Públicos
  2. Oficina Técnica Municipal:
    • Licenzas e Comunicacións previas de OBRAS e ACTIVIDADES
    • Obras menores
    • Obras maiores
    • Distancia a lindeiros e cultivos
    • PXOM
    • …
  3. Información de Xestión Municipal
Compartir
WhatsApp Facebook Correo