Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

5 xuño Día mundial do Medioambiente

3 de xuño de 2016

Pontes sobre o rio ulla

Con motivo do día mundial do Medioambiente, que se celebra o domingo 5 de xuño, o Concello de Boqueixón acolle a exposición “As pontes do río Ulla: Natureza e cultura”, que permanecerá aberta ao público en horario de 08:00h. a 14:30h.

A mostra amosa imaxes e información sobre as máis de 70 pontes, pontellas e pasos que cruzan o río Ulla desde o seu nacemento en Olveda (Antas de Ulla) ata o viaduto do tren de alta velocidade entre Catoria e Rianxo. Tamén fai un percorrido pola variedade de natureza que se pode atopar á beira deste río.

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo