O sábado 4 de xuño tivo lugar no pavillón polideportivo de o Forte (Boqueixón), o Econtro de maiores do municipio. Esta celebración, que xa acada a súa XXV edición, logrou xuntar preto de 300 maiores.
A cita anual, consolídase xa como un día de homenaxe e recoñecemento para todos os maiores do municipio, no que se mestura a gastronomía, a boa música, o baile e os agasallos.
O día comezou coa celebración dunha misa cantada no salón de actos do colexio, seguido dun xantar elaborado a base de produtos da zona e a continuación puideron desfrutar dunha sesión de baile a cargo do dúo Chanel.
Aproveitouse a ocasión para render homenaxe a Concepción Miguélez Agrelo con 101 anos de idade e Lino Rodríguez Salgado con 90 anos de idade como á muller e o home de máis idade presentes no encontro, os cales foron agasallados cunha cesta de bombóns, un diploma acreditativo e unha tarxeta regalo do Corte Inglés por valor de 50€.
Todos os asistentes participaron nun sorteo de 10 vales de 30€ de gasóleo ou gasolina cedidos por gasolineras SBC e dun reloxo de cabaleiro e outro de señora.
No acto estiveron presentes o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e os membros da corporación municipal.