O local social de Sergude, acolleu recentemente, un obradoiro de hixiene bucodental dirixido a nenos e nenas de entre 2 e 12 anos de idade.
Foron un total de 25 os menores que participaron na actividade que foi impartida polos alumnos de 1º curso do CS de Hixiene Bucodental do Colexio Santa Apolonia de Santiago.
Os pequenos e pequenas disfrutaron dun guiñol sobre a importancia do cepillado dental, xogos por equipos con preguntas relacionadas coa hixiene bucodental e a revisión da cavidade bucal de tódolos participantes con recomendacións individualizadas. Tódolos nenos e nenas estiveron acompañados polos pais, nais ou responsables os cales recibiron información do estado de saúde bucodental dos seus fillos e fillas polos profesionais responsables da actividade.