Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Actividades de consumo para nenos e nenas

15 de xullo de 2016

IMG_4531

Máis dun centenar de nenos e nenas de entre os 3 e os 12 anos participaron hoxe, día 15 de xullo, nas actividades do programa LecerConsumo.

Éste é un programa estacional que desenvolve a Escola Galega de Consumo nos meses de verán. A través do concepto de lecer responsable trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo: a publicidade, o comercio xusto, a dieta equilibrada ou o consumismo como exceso a evitar.

Está dirixido a todas as idades e a oferta formativa adáptase aos distintos intereses e necesidades de cada unha delas. As actividades son de carácter lúdico e participativo, como non pode ser doutro xeito no período estival, pero a un tempo pedagóxicas e promotoras da aprendizaxe colaborativa.

 

ACTIVIDADE 1:

O XOGAR NON TEN CANCELAS

Idade: 3 a 7 anos.

Descrición: Narración dun conto baseado no consumo responsable e na idea principal de que non é preciso mercar xoguetes para disfrutar do lecer. A continuación os nenos e nenas creaaron o seu propio xoguete (unha marioneta que representa unha personaxe do conto narrado previamente).

 

ACTIVIDADE 2:

NO VERÁN, UN LECER RESPONSABLE ESTÁ NA TÚA MÁN

Idade: 8 a 12 anos.

Descrición: Realización dunha xincana onde os grupos teñen que superar diferentes probas, nas que se traballan cuestións relacionadas co consumo responsable. A continuación, cada grupo deseña un plan (“o planazo”), propoñendo unha xornada de lecer que inclúa alternativas de lecer responsable e dieta equilibrada con produtos locais. O resultado  final gravouse nun vídeo, que participará nun concurso a través do Facebook da Escola Galega de Consumo.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo