Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Aplicación para dispositivos móbiles “ESCAPP”: aplicación de apoio ás vítimas de violencia de xénero

15 de xullo de 2016

Aplicación Escapp

Desde o CIM de Boqueixón, quérese dar a maior difusión posible  á aplicación “Escapp”. Trátase dunha aplicación para dispositivos móbiles (Sistemas operativos IOS e Android) elaborada pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia que ten como obxectivo achegar información de utilidade ás mulleres que se atopan nunha situación de violencia de xénero e a todas as persoas que poidan axudar a rematar con este tipo de situacións.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo