Sinatura de convenios de colaboración entre os equipos de fútbol de Boqueixón, o concello e a empresa RAMSA

Esta semana, tivo lugar no salón de plenos do Concello de Boqueixón, a sinatura de varios convenios de colaboración entre os equipos de fútbol de Boqueixón, a empresa RAMSA e o propio concello.

Estes convenios teñen por obxectivo o fomento da práctica do deporte entre a poboación para manter así uns hábitos de vida saudables.

Os equipos que asinaron o convenio foron os seguintes: E.F. de Boqueixón, C.F. Ponte Camporrapado, Reale Lestedo Boqueixón. Boqueixón C.F., Tartas Lestedo Maderas Peón Veteranos F.S, Veteranos Camporrapado, Taberna do Portugués Boqueixón (Veteranos), F.S. Rodiño TRS e o FUTSAL Boqueixón.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025