Os participantes do programa “Prevención da dependencia” celebraron as festas do nadal cun xantar nun restaurante do Concello. Contamos coa presencia do Sr. Alcalde e da Concelleira de Servizos Sociais.
O programa, que se desenvolve entre outubro e xuño, reúne a 10 maiores no local sociocultural de Sergude os martes e xoves.
Este programa está financiado pola Exma. Deputación da Coruña coa colaboración do concello e a aportación dos propios usuarios/-as.

