Dende o día de hoxe, 23 de febreiro de 2017, ás 00.00 h. e ata o 10 de marzo de 2017, as 14:00 h. está aberto o prazo para que as asociacións soliciten espectáculos a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
De toda a programación ofertada, as asociacións poderán realizar unha solicitude dentro da categoría non profesional ALICERCE que inclúe grupos de música, danza e teatro non profesionais.
A solicitude realizarase de forma telemática dándose de alta na plataforma da Deputación.
Máis información no Dpto. de Cultura do Concello de Boqueixón ou no 981513115.