Con gallo do 8 de marzo, día Internacional da Muller, dende o Centro de Información á Muller de Boqueixón, informar que se desenvolverán unha serie de accións destinadas á poboación infantil que teñen por obxectivo continuar traballando pola concienciación na igualdade entre homes e mulleres.
Dende o vindeiro 3 de marzo, os nenos e nenas da Ocioteca Municipal, participarán en tres actividades:
- Conta contos: ¿Hai algo más aburrido que ser unha princesa rosa?
- Taller de ilustracións
- Elaboración dun mural para a conmemoración do 8M
A través destes talleres cuestionaranse os estereotipos e roles de xénero que poñen límites á liberdade das nenas coa finalidade de chegar a entender que todos e todas temos e debemos ter os mesmos dereitos.