Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Llega800 garantirá a compatibilidade entre a emisión do 4G na banda 800MHz e a recepción do servizo de TDT

21 de marzo de 2017

Infografia Llega 800

Llega800 é a entidade xestora encargada de ofertar os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión do 4G na banda 800MHz e a recepción do servizo de TDT. 

Para garantir esta compatibilidade, Llega800 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúen, por un lado, unha actuación previa, gracias a cal os cidadáns que residan en zonas de maior afectación recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir dese momento poderán solicitar de forma gratuíta a adaptación da antena do seu edificio para evitar posibles incidencias.

E, por outro, un procedemento correctivo, tras o encendido das estacións, polo que Llega800 encargarase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións tamén sen coste algún.

Para xestionar estes servizos, está a disposición dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900833999) e unha páxina web www.llega800.es

 

 

 

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo