
Esta campaña vai dirixida a todos os veciños e veciñas a os que solicitamos a súa colaboración coa intención de que participen dunha forma activa na política de adquisicións da biblioteca municipal.
Para iso habilitamos un formulario ao que se accede picando no apartado da dereita da web “A Biblioteca somos tod@s“, a través do cal nos poden facer chegar as súas propostas de libros, CDs, DVDs … que sexan do voso interés.
