Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

III Andaina de maiores

1 de xuño de 2017

O pasado mércores 31 de maio e como peche de actividade de “Ximnasia de Maiores” programouse unha ruta de sendeirismo pola Ruta da Auga e da Pedra no Concello de Meis . Os nosos maiores desfrutaron dunha das rutas máis fermosas de Galicia e completaron de forma brillante un  percorrido de 7 km contemplando muíños e lavadoiros restaurados, así como, unha representación dunha Aldea Labrega. A ruta remataba no Mosteiro de Armenteira que tamén foi visitado polo grupo de participantes.

Os nosos maiores demostraron a súa boa forma física e un ánimo incansable, quedando emprazados para unha nova edición desta actividade na próxima tempada das escolas deportivas municipais

Para finalizar a xornada celebrouse unha comida de confraternización entre os membros dos sete grupos de ximnasia de mantemento de maiores que o Concello de Boqueixón desenvolve noutras tantas parroquias .

Compartir
WhatsApp Facebook Correo