Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Programa “Ler conta moito”: Obradoiro de submarinos

4 de xullo de 2017

submarinos

A Biblioteca de Boqueixón, dentro da programación de animación á lectura “Ler conta moito”, desenvolverá un Obradoiro de Submarinos para os/as rapaces/as de 6 a 8 anos inscritos en Verán Activo este venres día 7 ás 10:30h.

A actividade pretende achegar o concepto de densidade a través da construción dun submarino e a comprobación do seu funcionamento. Unha actividade ideal para promover o interese pola lectura, a ciencia e o traballo en equipo.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo